Institucións e sistema fiscalreflexións desde a nova economía institucional

  1. Caballero Miguez, Gonzalo
Revista:
Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

ISSN: 1132-2799

Ano de publicación: 2000

Volume: 9

Número: 2

Páxinas: 21-42

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Resumo

A Nova Economía Institucional é o corpo teórico máis relevante que xorde nos últimos anos na ciencia económica. Nestas páxinas expoñemos cómo se presenta o sistema fiscal ante a mirada deste novo enfoque económico. Comezamos presentando o carácter institucional e organizacional do sistema fiscal. Sinalamos cómo detrás dun sistema fiscal existe un Estado, cómo este determina o sistema fiscal, partindo da teoría do Estado do Nobel Douglass North. Analizamos cómo o fenómeno fiscal é estudiado desde dúas perspectivas distintas dentro do institucionalismo: unha macro e unha micro. A continuación, recollémo-la relevancia do capital social para un sistema fiscal, o cal constitúe un dos factores que nos permiten defende--la non-existencia de regras fiscais que teñan unha optimidade xeral. Expoñemos cómo a Teoría Política dos Custos de Transacción permite novas dimensións na análise de cuestións tributarias e rematamos cunha recapitulación como conclusión.