Determinantes socioeconómicos da linguao caso do galego

  1. Gradín Lago, Carlos Manuel
Revista:
Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

ISSN: 1132-2799

Ano de publicación: 2007

Título do exemplar: Solo e recursos naturais

Volume: 16

Número: 1

Páxinas: 155-172

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Resumo

En Galicia conviven actualmente dúas linguas diferentes co rango de idioma oficial: o castelán, oficial en toda España, e o galego, que adquire o rango de lingua propia da Comunidade Autónoma tras a aprobación do Estatuto de autonomía no ano 1981. Como consecuencia da relativamente recente xeneralización do castelán e da proximidade entrambas as dúas linguas, as estatísticas amosan que o galego mantén unha elevada presenza no conxunto da poboación: case a totalidade da poboación manifesta entender o galego falado e máis dun 60% di falalo de forma habitual en maior medida ca o castelán. Pero cómpre salientar que o galego ten hoxe unha menor presenza nos estratos de poboación urbana, máis nova, educada e de nivel socioeconómico máis elevado, e que a súa utilización é maior no ámbito familiar e máis reducida nas relacións económicas. Neste traballo analízase, en función da «Enquisa de condicións de vida das familias» elaborada polo Instituto Galego de Estatística, o actual perfil socioeconómico dos galegofalantes en función das súas características xeográficas, demográficas e laborais, e como estes factores inflúen na dinámica do cambio lingüístico que vén experimentando a poboación galega.

Referencias bibliográficas

  • ALARCÓN, A. (2004): Economía, política e idiomas. (Colección Estudios). Madrid: Consejo Económico y Social.
  • CCG (2006): A situación sociolingüística de Galicia (1992-2003). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
  • GRADÍN, C.; RÍO, C. DEL; CANTÓ, O. (2006): La distribución de la renta en Galicia: análisis territorial de la desigualdad y la pobreza. Santiago de Compostela: CIEF/Fundación Caixa Galicia.
  • IGE (2003a): Enquisa de condicións de vida das familias: metodoloxía. Santiago de Compostela: Instituto Galego de Estatística. (www.xunta.es/auto/ige).
  • IGE (2003b): "Entuisa de condicións de vida das familias: cuestionario. Santiago de Compostela: Instituto Galego de Estatística. (www.xunta.es/auto/ige).
  • LORENZO, A. (2003): "Estudios sobre a situación sociolingüística da lingua galega (1990-2002)", Noves A. Revista de Sociolingüística, núm. 1, (primavera), pp. 1-9.
  • MONTEAGUDO, H. (1999): Historia social da lingua galega. Vigo: Galaxia.