Da economía convencional á economía da sustentabilidade
ISSN: 1137-0262
Year of publication: 2002
Issue Title: Economía e medio ambiente
Issue: 8
Pages: 7-21
Type: Article
More publications in: Adega cadernos
Abstract
A economía ambiental ten as súas orixes nos anos 60, co xurdimento dos movementos �ecoloxistas� nos países máis desenvolvidos, pero os fundamentos xa viñan de atrás, século XVIII, con T.Malthus. Dende a Revolución Industrial, e dende a II Guerra Mundial, en particular, a énfase das investigacións económicas radicaba no mantemento e estimulación permanente do crecemento económico. Sen embargo, xa nos anos 60 e, sobre todo nas décadas dos 80 e 90, xorde certa preocupación ambiental e suficiente evidencia dos efectos da industrialización e do crecemento incontrolado. Inevitablemente, isto espertou a preocupación pola calidade de vida, como concepto máis amplo e non só baseado no consumo de bens materiais, e tamén polo benestar interxeracional. Por outra banda, o crecemento ilimitado da poboación nas nacións non industrializadas, estaba desembocando nunha agresiva presión sobre os recursos e, inevitablemente, en pobreza xeneralizada. En definitiva, o recoñecemento de que o noso sistema económico, que proporciona os bens materiais e servizos necesarios para o noso moderno nivel de vida, está asentado nos sistemas ecolóxicos (biosfera) e sen o seu soporte non pode sobrevivir.