A economía da contaminación

  1. Vázquez Rodríguez, María Xosé
  2. Labandeira Villot, Xavier
Revista:
Adega cadernos

ISSN: 1137-0262

Ano de publicación: 2002

Título do exemplar: Economía e medio ambiente

Número: 8

Páxinas: 23-28

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Adega cadernos

Resumo

Hai dúas formas de definir a degradación ambiental como fallo do mercado, ben como un efecto externo negativo ou causado pola natureza pública dos bens ambientais. O mercado de por si non é capaz de asignar bens públicos e por iso o sector público debe velar por unha adecuada provisión dos bens ambientais. Os mecanismos de mercado non deben ser considerados como alternativa incompatíbel coas regulacións de mandato e control senón máis ben como complementarios a estas. Por outra banda, o imposto galego sobre a contaminación atmosférica presenta diversos problemas: unha baixa correspondencia co problema ambiental que se quere controlar, unha actuación limitada na incentivación e un traslado a prezos finais da electricidade probabelmente insignificante.