Galiza e a Lusofonía- unha tradución entre a miraxe e a utopía
ISSN: 2040-7181
Ano de publicación: 2009
Número: 1
Páxinas: 4-19
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Galicia21: Journal of Contemporary Galician Studies
Resumo
A cuestión de se Galiza debe ou non formar parte da Lusofonía vén sendo hipotecada por polémicas e secuestrada por diversos tipos de discursos ideolóxicos, que aínda dificultan unha aproximación pragmática e futurible. Neste estudo pretendo esbozar un inventario comparativo dos diferentes discursos ideolóxicos sobre o tema, incluíndo perspectivas críticas sobre a propia Lusofonía. Procuro desenvolver unha argumentación pragmática en relación ás conveniencias e inconveniencias estratéxicas dunha posible asociación do galego ao mundo lusófono, primordialmente desde os puntos de vista das críticas ideolóxica e poscolonial e da tradución cultural.