Approaching Androcentrism in Galician Translationtrends and patterns

  1. Baxter, Robert Neal
Revista:
Galicia21: Journal of Contemporary Galician Studies

ISSN: 2040-7181

Ano de publicación: 2010

Número: 1

Páxinas: 3-25

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Galicia21: Journal of Contemporary Galician Studies

Resumo

Este artigo examina até que punto o androcentrismo está presente na tradución cara ao galego a través de varios achegamentos analíticos. Primeiro presento dous breves macroestudos cuantitativos sobre o número de autoras traducidas por unha banda e sobre a relación numérica entre tradutores e tradutoras pola outra. En segundo lugar, inclúo tamén un estudo de xénero preliminar no cal se examinan algunhas estratexias tradutivas aplicadas nunha selección de textos literarios. Os resultados destes tres primeiros estudos indican que o androcentrismo segue a constituír a norma que predomina na práctica da tradución cara ao galego, mais ao ser o androcentrismo o discurso dominante, este pode facerse pasar por neutral, permitíndolle deslexitimar calquera tipo de contradiscurso ou práctica que supuxer un cuestionamento do statu quo radicado no sexismo. Co fin de cumprir co obxectivo dunha investigación aplicada, baseándose na análises e nos resultados acadados, o artigo apunta unha serie de medidas que se poderían aplicar para endereitar o nesgo sexista na tradución alí onde for preciso.