Proposta de actuación nun destino turístico transfronterizo
- Pardellas de Blas, Xulio Xosé
- Padín Fabeiro, Carmen
- García Gestoso, Noemí
ISSN: 1695-6427
Année de publication: 2008
Número: 7
Pages: 45-59
Type: Article
D'autres publications dans: Revista galega de ciencias sociais
Résumé
A comunicación presenta os resultados dunha investigación, levada a cabo polos autores desde 2002, sobre os efectos no desenvolvemento comarcal da nova configuración territorial na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Na primeira parte e despois dunha revisión da literatura científica sobre a planificación de destinos turísticos, analízase a caracterización dun modelo aplicado á rexión do Miño, integrando as comarcas do Baixo Miño galego e do Alto Minho portugués, no que se establecen os condicionantes xenéricos da actuación institucional. Na segunda parte realízase un estudo comparativo das competencias administrativas da Xunta de Galicia e a RegiãoNorte, con especial atención aos aspectos, que de feito, constitúen obstáculos para a citada reconfiguración territorial nesta área transfronteiriza e que afectan negativamente ao seu desenvolvemento. Finalmente preséntanse algúns apuntamentos de propostas que poidan significar solucións a esta situación.