A prótese de Carmiña

  1. Pérez Feijoo, Paulino
  2. López Álvarez, Miriam
  3. García Parada, Eduardo
  4. González Fernández, Pío Manuel
  5. Serra Rodríguez, Julia
Revista:
Boletín das ciencias

ISSN: 0214-7807

Ano de publicación: 2012

Ano: 25

Número: 76

Páxinas: 171-172

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Boletín das ciencias

Resumo

Preséntase un documental audiovisual de divulgación científica que pode ser utilizado como recurso didáctico no proceso de ensino-aprendizaxe no ámbito científico-tecnolóxico. Os medios audiovisuais son unha fórmula atractiva, directa e pouco esixente co público, que nos vai permitir achegar os avances tecnolóxicos non soamente aos estudantes de ciencias senón tamén ao resto do estudantado e a toda a cidadanía. No ámbito escolar, este tipo de vídeos é especialmente acaído para o alumnado da materia Ciencias para o Mundo Contemporáneo, común para todos os 1º de bacharelato, e que ten entre os seus obxectivos contribuír a que todas as persoas posúan un coñecemento científico funcional. “A prótese de Carmiña” pretende achegarnos a procesos punteiros na investigación de biomateriais que se desenvolven no noso país e permite visualizar como esta investigación ten influenza na nosa vida cotiá, como o esforzo humano intelectual e económico produce unha mellora na nosa calidade de vida. Este plantexamento foi posible grazas á formación dun equipo multidisciplinar integrado por investigadores de varias ramas das Ciencias (físicos, químicos, bioloxía e ciencias da saúde), que desenvolven a súa actividade investigadora na Universidade de Vigo, e para a elaboración técnica do documental contouse co apoio de profesorado e alumnado de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo, que desenvolveron a dirección, a produción e a montaxe.