O artigo 81 do Tratado de funcionamento da UE

  1. Michinel Álvarez, Miguel Ángel
Revista:
Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública

ISSN: 1887-0279 1887-0287

Ano de publicación: 2011

Volume: 6

Número: 2

Páxinas: 37-56

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública

Resumo

A cooperación xudicial en materia civil supón un gran reto para a administración de xustiza na Unión Europea. Sobre esta base, o Tratado de Lisboa introduciu no Tratado Fundacional da Unión Europea o novo texto do artigo 81, do que partirá a creación do dereito internacional privado comunitario como mecanismo para alcanzar a devandita cooperación, no marco xeral do espazo de liberdade, seguridade e xustiza (ELSX). Neste traballo exponse, en primeiro lugar, a xénese do dito espazo; en segundo lugar, as diferenzas e semellanzas entre a nova regulación que ofrece o Tratado de Lisboa neste punto, en comparación co seu antecedente inmediato, o Tratado de Amsterdam; en terceiro lugar, analízase o principio básico chamado a presidir todo o sistema, isto é, o denominado recoñecemento mutuo; en cuarto lugar, abórdanse as liñas xerais da cooperación xudicial en materia civil a través dun instrumento concreto, o Regulamento (CE) 4/2009; e finalízase cun panorama das perspectivas de futuro no sector.