A situación de risco na lexislación estatal e autonómica galegaestudo xurisprudencial e doutrinal
ISSN: 1887-0279, 1887-0287
Year of publication: 2012
Volume: 7
Issue: 1
Pages: 93-111
Type: Article
More publications in: Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública
Abstract
No ordenamento xurídico estatal e autonómico galego regúlase a declaración de risco como medida de protección para os menores que se atopen inmersos nunha situación de conflitividade familiar ou social que non alcanza a gravidade suficiente como para separar o menor do seu contorno. Dada a incompleta regulación legal da figura, os distintos pronunciamentos xudiciais e doutrinais foron perfilando os aspectos básicos desta institución cuxa finalidade é a superación da problemática familiar mediante programas de apoio desenvolvidos polos entes públicos competentes. Non obstante, se os factores de risco non poden ser suprimidos ou atenuados, a entidade pública deberá proceder á declaración de desamparo do menor