Corpus multimedia VEIGA inglés-galego de subtitulación cinematográfica
-
1
Universidade de Vigo
info
ISSN: 1647-0818
Any de publicació: 2011
Volum: 3
Número: 2
Pàgines: 99-106
Tipus: Article
Altres publicacions en: Linguamática
Resum
Neste artigo presento un proxecto de investigación que consiste na compilación e na explotación do corpus Veiga, un corpus multimedia de subtítulos en inglés e en galego. Trátase dun proxecto en fase de desenvolvemento que pretende servir como ferramenta para o estudo e a investigación de certos aspectos relacionados coa práctica da subtitulación intralingüística en inglés e da subtitulación interlingüística do inglés cara ao galego. O Veiga, inda que forma parte do corpus paralelo CLUVI, transcende o plano textual propio dos demais subcorpus do CLUVI e permite observar os subtítulos no seu estado natural, isto é, como parte dun produto audiovisual. Amais de cuestións relacionadas coa construción do corpus e co sistema de buscas, mencionarei algunha das posibles utilidades deste corpus para a práctica, a investigación e a formación en subtitulación.