“Podemos conseguir que o acordo de París, a pesar de ser voluntario, funcione”[entrevista a] Xavier Labandeira
- Labandeira, Xavier entrevistado
- Rodríguez, Belén entrev.
ISSN: 1136-2677
Ano de publicación: 2016
Número: 75
Páxinas: 8-11
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente
Resumo
Xavier Labandeira é Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, e tamén é catedrático no European University Institute de Florencia. Ademais foi autor líder do IPCC, o Grupo Intergubernamental sobre Cambio climático da ONU, para a elaboración do Quinto Informe de avaliación sobre o quecemento global. Este amplo currículo convérteo nunha das voces galegas que mellor pode interpretar os resultados do Cumio climático de París, o COP21, onde as grandes potencias do mundo se citaron para elaborar unha folla de ruta contra o Cambio Climático.