A potestade tributaria sobre os aproveitamentos das augas minerais e termais
ISSN: 1887-0279, 1887-0287
Ano de publicación: 2015
Volume: 10
Número: 2
Páxinas: 49-76
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública
Resumo
Este traballo ten como obxectivo principal analizar os distintos tributos –estatais, autonómicos e locais– que gravan os aproveitamentos das augas minerais e termais. Non obstante, e con carácter previo, será necesario estudar algunhas cuestións relativas ao particular réxime xurídico deste tipo de recursos naturais, como por exemplo a súa controvertida titularidade, ou a súa especial distribución constitucional de competencias, na medida en que son aspectos que condicionan o exercicio da potestade tributaria sobre as augas minerais e termais.