Galicia e a Cooperación Transfronteiriza no horizonte 2014-2020
ISSN: 1579-6582
Any de publicació: 2016
Títol de l'exemplar: 1er. Congreso de Estudos Internacionais de Galicia, Pontevedra 2016
Número: 33
Pàgines: 141-153
Tipus: Article
Altres publicacions en: Tempo exterior
Resum
A intensificación da cooperación transfronteiriza adquiriu un forte protagonismo nos últimos na Unión Europea. Este acontecemento prodúcese dun xeito simultáneo a moitos outros de indubidable transcendencia, tales como a globalización, os procesos de integración supraestatal, os procesos de democratización e de rexionalización dos Estados, a crise da tradicional configuración estatal, etc. Nesta incipiente relación xorden numerosas preguntas: conformaranse estas poboacións e territorios fronteirizos co reencontro e a cooperación, ou demandarase algo mais? Noutras palabras, conducirá a cooperación transfronteiriza á integración transfronteiriza? E como será esa integración, isto é, cales serían as súas realizacións e consecuencias a medio e longo prazo? Céntrase a análise desta cuestión na Eurocidade Chaves–Verín, tentando achegar algunhas solucións ao debate e ao futuro da cooperación transfronteiriza.