Imaxes e pensamentos sexuaisestudo preliminar

  1. A. López
  2. E. Sueiro
  3. J.L. Dieguez
Revista:
Psicoloxía clínica: anuario

ISSN: 1889-1187

Ano de publicación: 2009

Título do exemplar: A Psicoloxía Clínica para a Galicia do futuro

Número: 3

Páxinas: 609-617

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Psicoloxía clínica: anuario

Resumo

OBXECTIVOS: Coñecer as fantasías sexuais e as diferenzas en función do sexo. MATERIAL E MÉTODO: Estudo descritivo transversal sobre a poboación alvo de 667 estudantes de todas as titulacións do Campus de Ourense, curso 07-08, a quen se lle aplicou un inquérito estruturado, voluntario e anónimo para coñecer variábeis sociais e relacionadas coas súas imaxes sexuais. Os datos analízanse co programa SPSS/15. RESULTADOS: A idade media é de 20.86 anos (DT= 2.19) e o 70.61% é muller. Hai diferenzas significativas (p<.05) entre ambos sexos en todas as variábeis investigadas de fantasías sexuais, salvo nas referidas á estimulación do ano co dedo da parella e ao coito anal pasivo e activo. CONCLUSIÓNS: As imaxes e os pensamentos sexuais son tan importantes coma as realidades concretas que un vive. Serven para estimular os nosos comportamentos sexuais. Dado que o seu papel é relevante na sexualidade das persoas, as diferenzas achadas en función do sexo habemos de consideralas cando traballemos tanto a nivel educativo coma asistencial.