Estudo preliminar sobre atitudes sexuais
- J.L. Dieguez
- A. López
- E. Sueiro
ISSN: 1889-1187
Ano de publicación: 2009
Título do exemplar: A Psicoloxía Clínica para a Galicia do futuro
Número: 3
Páxinas: 635-642
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Psicoloxía clínica: anuario
Resumo
OBXECTIVOS: Coñecer as atitudes sexuais e as diferenzas en función da idade e o sexo. MATERIAL E MÉTODO: Estudo descritivo transversal realizado sobre 670 persoas de primeiro e último curso da Universidade de Vigo (Campus Ourense). A toda a poboación foille aplicado un inquérito sobre variábeis indentificativas (idade e sexo) e a Escala de Atitudes de cara á Sexualidade (FISHER, T, 1988b; Adaptación e ampliación: F. López). Os datos analízanse co SPSS/15. RESULTADOS: A idade media é de 21.38 anos (D.T.= 3.30). O 40.5% ten unha idade superior á media –maiores- e o 59.5% inferior ou igual -menores. O 75% é muller e o 25% é home.A puntuación media obtida na Escala de Atitudes de cara á Sexualidade é de 82.30 (D.T.= 11.88). Non encontramos diferenzas significativas en función da idade e do sexo (p > .05). CONCLUSIÓNS: Partindo de que a actitude é un dos factores determinantes da conduta, os resultados obtidos nas mesmas debemos telos en conta en calquera Programa de Educación Afectivo-Sexual que queiramos realizar.