Evolución dos primeiros escenarios sexuaisestudo piloto

  1. J.L. Dieguez
  2. A. López
  3. E. sueiro
Revue:
Psicoloxía clínica: anuario

ISSN: 1889-1187

Année de publication: 2009

Titre de la publication: A Psicoloxía Clínica para a Galicia do futuro

Número: 3

Pages: 643-651

Type: Article

D'autres publications dans: Psicoloxía clínica: anuario

Résumé

OBXECTIVOS: Coñecer as variábeis que acompañan á primeira relación coital e cambios experimentados nos últimos anos. MATERIAL E MÉTODO: Estudo descritivo transversal sobre toda a poboación de estudantes, de primeiro e último curso da Universidade de Vigo (Ourense), de todas as titulacións, do curso 97-98 (1333) e 07-08 (676), a quen se lle aplica un inquérito estruturado para coñecer variábeis de identificación e relacionadas co seu primeiro coito. Os datos analízanse mediante o SPSS/15. RESULTADOS: A idade media do alumnado do curso 97-98 é 21.04 anos (D.T.: 2.99) e a do 07-08 é de 21.44 anos (D.T.: 3.32). O 70.2% e o 70.6% do primeiro e último, respectivamente, é muller. Hai diferenzas significativas (p<.05), entre o alumnado do curso 97-98 e 07-08, na porcentaxe de persoas que realizou diferentes práticas sexuais, así como na súa idade de comezo, ademais de achalas en diferentes variábeis relacionadas co primeiro coito. CONCLUSIÓNS: Estes resultados obrigan a realizar intervencións encamiñadas a previr/reducir ditos riscos.