Muller e deporteParticipación deportiva feminina en adolescentes galegas

  1. Mª del Pino Díaz Pereira
Zeitschrift:
Revista galega de educación

ISSN: 1132-8932

Datum der Publikation: 1995

Titel der Ausgabe: Necesidades educativas especiais

Nummer: 23

Seiten: 70-76

Art: Artikel

Andere Publikationen in: Revista galega de educación

Zusammenfassung

A pesar de que o dereito de tódolos/las cidadáns a acceder ó deporte en condicións de igualdade goza do recoñecemento socio-político-lexislativo, a observación dos feitos reflecte unha realidade moi diferente. Os resultados dun estudio sobre hábitos deportivos en adolescentes galegos revelan diferencias significativas nos hábitos, motivos e actitudes do xove cara o deporte en función do sexo. A participación feminina neste tipo de actividades semella ter características conflictivas, debido a que máis que a percura dun espacio común de ocio e diversión, a muller atopa un modelo deportivo cargado devaloresmasculinizados, ondeoéxitoouofracaso dependeengranmedida de parámetros morfofisiolóxicos asociados ó sexo masculino. A pesar de que os estereotipos sociais femininos e masculinos están cada vez máis diluídos, diferentes estudios poñen de manifesto oproceso de socialización diferencial, e as consecuencias que iso acarrea a nivel de procesos psicolóxicos individuais (disonacia cognoscitiva, toma de decisión, procesos motivacionais) como causas que están na base desta desigualdade