Timing architecture for ESS

  1. Cereijo García, Javier
Dirixida por:
  1. Daniel Piso Fernández Co-director
  2. Roberto Osorio Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 11 de novembro de 2020

Tribunal:
  1. David Expósito Singh Presidente/a
  2. María J. Martín Secretario/a
  3. Lucía Costas Pérez Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 641393 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O sistema de temporización é unha compoñente fundamental para o control e sincronización de instalacións industriais e científicas, coma aceleradores de partículas. Nesta tese traballamos na especificación e desenvolvemento do sistema de temporización para a European Spallation Source (ESS), a maior fonte de neutróns actualmente en construción. Abordamos este tra ballo a dous niveis: a especificación do sistema de temporización, e a imple mentación física de sistemas de control empregando circuítos reconfigurables. Con respecto á especificación do sistema de temporización, deseñamos e implementamos a configuración do protocolo de temporización para cumprir cos requirimentos do ESS e ideamos un modo de operación e unha aplicación para a configuración e control do sistema de temporización. Tamén presentamos unha ferramenta e unha metodoloxía para imple mentar sistemas de control empregando FPGAs, coma os nodos do sistema de temporización. ámbalas <lúas están baseadas en statecharts, unha repre sentación gráfica de sistemas que expande o concepto de máquinas de estados finitos, orientada a sistemas que necesitan ser reconfigurados rápidamente en múltiples localizacións minimizando a posibilidade de erros. A ferramenta crea automaticamente código VHDL sintetizable a partir do statechart do sistema. A metodoloxía explica o procedemento para implementar o state chart como unha arquitectura microprogramada en FPGAs.