A mitoloxía galega relacionada coa augaAnálise de contido e aproveitamento como recurso en educación

  1. Adalid Rodríguez, Rafael José
Dirixida por:
  1. Xosé Manuel Cid Fernández Director

Universidade de defensa: Universidade de Vigo

Fecha de defensa: 26 de febreiro de 2020

Tribunal:
  1. Agustín Escolano Benito Presidente/a
  2. María Victoria Carrera Fernández Secretaria
  3. Lia Joao Araújo Pinho Vogal
Departamento:
  1. Análise e intervención psicosocioeducativa

Tipo: Tese

Resumo

O presente documento, pode ser considerado como un vestixio oral da voz do pobo, que camuflado baixo a fina seda dun mantra, inspirou e educou a numerosas xeracións durante séculos. É porén que, intentamos rescatar do leteo temporal unha forma da tradición e expresión oral xa case desvanecida, situada entre o lusco fusco no que se atopa a inmaterialidade patrimonial. Nun comezo percorreremos pola frondosa árbore patrimonial, movéndonos entre as grosas pólas da súa inmaterialidade, ata dar coa tradición e expresión oral, espazo de onde emerxen os diferentes froitos a estudo: contos, lendas e mitos transmitidos de forma oral. Cal pardao, furando as zumarentas froitas, distinguiremos o sabor da función e clarificación conceptual, a máis das súas características. Catamos a acedade da pel co tratamento das súas perdas, que se converterá en doce no momento en que descubrimos a resistencia e a loita contra esta, amais de cando acudamos polos máis maduros que penduran entre a rede situada nas pólas da árbore. Voando cara o chafariz, repousaremos sobre os elementos da natureza e o patrimonio da auga en Galicia. Acercámolo bico para beber das historias máis coñecidas da nosa localidade: Ourense. Dos personaxes míticos galegos que con ela se relacionan, e coa influencia de culturas próximas e espalladas no tempo que dan lugar a súa actual composición química. Contemplamos como as persoas podan as árbores unha vez que non hai froitos: a literatura popular de tradición oral na educación, os beneficios do emprego deste trinomio como ferramenta educativa, a súa presenza no Decreto, o traballo que se pode facer cos diversos plans e proxectos e de forma autónoma na aula ou fóra desta. Co fin de que, prontamente se poidan saborear de novo.