Uso dos recursos TIC no contexto de ensino-aprendizaxeun eixe na motivación docente

  1. Moreira Fontán, Eva
Dirixida por:
  1. Antonio González Fernández Director

Universidade de defensa: Universidade de Vigo

Fecha de defensa: 02 de outubro de 2020

Tribunal:
  1. Alfonso Barca Lozano Presidente/a
  2. Yolanda Rodríguez Castro Secretaria
  3. Tiberio Feliz Murias Vogal
Departamento:
  1. Análise e intervención psicosocioeducativa

Tipo: Tese

Resumo

A influencia das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) no pro-fesorado é un fenómeno amplamente estudado desde a perspectiva do seu uso nas aulas, da súa integración como recurso no proceso de ensino-aprendizaxe e desde a competen-cia dixital que se require para sentirse capacitado e implementalo nas programacións didácticas e curriculares do ensino. Pero este traballo enfócao desde a influencia que exercen as TIC na motivación e implicación do profesorado. Na primeira parte deste traballo acóutase o estudo teórico nas variábeis relacio-nadas coas TIC e as variábeis relacionadas coa profesión; no bloque A defínense a mo-tivación, a emoción, a satisfacción e a competencia coas TIC e, no bloque B, defínense as variábeis sobre a motivación profesional e a implicación. Así revisamos os modelos, teorías e achados máis relevantes ao redor destas variábeis. Na segunda parte expoñemos os obxectivos que nos marcamos e verifícase em-piricamente a incidencia das variábeis do bloque A (motivacións, emocións, satisfac-ción persoal e profesional, clima e interrelacións coa innovación con TIC e competen-cias dixitais) e das variábeis do bloque B (autodeterminación, eficacia colectiva e impli-cación). Para esta recollida de datos aplicouse un cuestionario que englobaba varios dos instrumentos fiábeis e validados a 350 profesores e profesoras da etapa educativa de secundaria de 37 institutos. Analizamos o enfoque proposto no deseño inicial a través da estatística descriti-va en todas as variábeis e en cada factor; valoramos os resultados demográficos de ida-de, sexo e lugar onde se atopa o instituto de ensino secundario, así como as correlacións dentro das variábeis de cada bloque e entre os dous bloques. E rematamos a parte empí-rica coa análise da regresión. A terceira parte son a discusión e as conclusións e tamén un apartado de achegas prácticas.