Modelos no deterministas de evaluación de la sostenibilidad de instalacions energéticas edificatorias

  1. Castro Rascado, Alberto
Dirixida por:
  1. M. Pilar de la Cruz Co-director
  2. Juan José Cartelle Barros Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 07 de xuño de 2021

Tribunal:
  1. Antonio Aguado de Cea Presidente/a
  2. Jesús Cuadrado Rojo Secretario/a
  3. Itziar Goicoechea Castaño Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 664455 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A elección entre varias alternativas é un proceso mediante o que se analizan as vantaxes de cada unha das opcións, e remátase decidindo a que se considera a mellor. Cando as características das alternativas son coñecidas, os criterios de elección son poucos e definidos, e as consecuencias da elección realizada son triviais, o proceso é sinxelo. Cando, en cambio, non se coñecen en detalle as características das alternativas, ou os criterios que interveñen son moitos, ou as consecuencias teñen consideración, o procedemento decisorio vólvese complexo, e non é fácil ponderar os criterios de elección dunha maneira intuitiva. A complexidade aumenta aínda máis cando existe variabilidade ou incerteza á hora de estimar os parámetros do modelo de decisión. Ademais de incerteza, pode haber outros problemas que dificulten a toma de decisións: imprecisión, ambigüidade, subxectividade ou discrepancias. Nestes casos faise necesario empregar ferramentas que nos permitan sistematizar o problema, e nos axuden a lograr que a alternativa elixida se corresponda en realidade coa mellor das dispoñibles. Os métodos de decisión multicriterio véñense usando hai anos como potentes ferramentas para a resolución deste tipo de problemas. Nesta Tese Doutoral trabállase cunha destas ferramentas, o Modelo Integrado de Valor para a Avaliación da Sostibilidade - MIVES, aplicándoa á resolución dun caso concreto. MIVES concibiuse en principio como unha aplicación determinista. Nesta Tese, preséntanse dous métodos para resolver o problema en situacións nas que existe incerteza ou algún dos problemas aludidos: un se baséase na simulación estocástica, e outro na aritmética difusa. O caso de estudio utilizado corresponde ao sistema de calefacción dun edificio residencial, para o que analizáronse catro posibles alternativas: calefacción individual hidrónica con radiadores e caldeira de gas natural, mesmo sistema ca o anterior pero de produción central, mesmo sistema de produción anterior pero distribución por solo radiante e multi-splits. O modelo de avaliación creado inclúe un total de 22 indicadores dos ámbitos económico, social e ambiental. O método determinista e os dous non deterministas aplicáronse a este caso de estudo, concluíndo que a orde de prelación das alternativas estudiadas é: (1) multi-splits; (2) solo radiante e produción central; (3) produción central con radiadores; (4) produción individual con radiadores.