Producción de polihidroxialcanoatos a partir de suero lácteo y otras fuentes de carbono usando cultivos microbianos mixtos

  1. Lagoa Costa, Borja
Dirixida por:
  1. María C. Veiga Co-director
  2. Christian Kennes Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 18 de xuño de 2021

Tribunal:
  1. Maria Madalena dos Santos Alves Presidente/a
  2. Gil Garrote Velasco Secretario
  3. Paulo C. Lemos Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 668854 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O modelo de vida consumista, lineal e pouco sustentable levado a cabo polo ser humano durante o século XX e os primeiros compases do século XXI, provocou unha situación de desequilibro ambiental que está a poñer en serio perigo a sustentabilidade do planeta. Con todo, a sociedade estase a concienciar cada vez máis sobre esta situación e opta por un modelo de vida moito máis circular que axude á xestión dos recursos naturais. Trátase de romper coa cadea Producir – Consumir – Refugar. O modelo que propón a economía circular de reutilizar os “refugallos” como materia prima para novos produtos, xunto cunha redución do excesivo consumo, prevese como parte da solución. Con todo, a sociedade pouco pode facer se as grandes organizacións, tanto públicas como privadas, non teñen vontade de cambio. As grandes organizacións son as que teñen unha maior responsabilidade sobre a situación ambiental do planeta, pero as menos interesadas nun desenvolvemento máis sustentable xa sexa por falta de ferramentas ou por un aspecto meramente económico. A presente tese trata de poñer fin a ambalas dúas premisas ao promover unha integración dun proceso de valorización de residuos como unha etapa máis na cadea de produción dun sector tan importante en Galicia como é o sector lácteo. A finalidade é desenvolver un modelo de economía circular neste sector. Galicia é, de lonxe, a comunidade autónoma con maior produción de leite de orixe vacúa en España e, polo tanto, dunha gran variedade de derivados lácteos. É por iso que, o soro lácteo é un subproducto moi abundante na nosa autonomía, pero que de seu contén unha alta carga contaminante que hai que contrarrestar. Por sorte, a biotecnoloxía permite transformar o soro lácteo en polihidroxialcanoatos, polímeros de orixe microbiano con propiedades moi similares ás dalgúns plásticos convencionais, pero coa calidade de ser biodegradables. No devir deste proxecto de tese, tratouse de optimizar o proceso de produción de polihidroxialcanoatos empregando soro de leite como sustrato e cultivos microbianos mixtos como inóculo. En paralelo, diseñouse un novo experimento coa finalidade de producir conxuntamente dous compostos de alto valor engadido como son os bioalcohois e os biopolímeros. Para iso, empregouse un sustrato gaseoso como fonte de carbono que foi valorizado nun proceso de dúas etapas diseñado aquí por vez primeira.