Texto sobre textoas revisións bibliográficas en traballo social

  1. Laura Novelle López
Revista:
Revista galega de traballo social "Fervenzas"

ISSN: 1698-5087 2254-7657

Ano de publicación: 2018

Número: 20

Páxinas: 83-97

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Revista galega de traballo social "Fervenzas"

Resumo

Este artigo presenta unha reflexión conceptual e metodolóxica sobre os artigos de revisión bibliográfica en traballo social. Ofrece instrumentos e técnicas para abordalos con éxito, así como recursos de investigación e solucións prácticas ás incorreccións máis comúns neste tipo de publicacións científicas. Escribir sobre o xa escrito é moito máis que un xogo de palabras ou un exercicio intelectual baleiro de contido. Serve para facer avanzar os ámbitos de coñecemento mediante a posta ao día e a crítica profunda e sistemática dos achados das ciencias sociais.