Eficacia de Mindfulness en el estrés de los estudiantes universitarios

  1. Pardo Carballido, Carmen
Dirixida por:
  1. Ramón González Cabanach Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 21 de xuño de 2021

Tribunal:
  1. Francisca Fariña Rivera Presidenta
  2. Ramón Fernández Cervantes Secretario/a
  3. Jesús Seco Calvo Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 667834 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Acéptase que os estudantes experimentan tensións ao longo da súa vida académica e a incapacidade para facelo dunha maneira adecuada, leva a un conxunto de consecuencias tanto a nivel persoal, como a nivel físico e mental, así como a nivel académico. Por outra banda, estáse a acumular evidencia no campo da saúde de que a meditación mindfulness axuda a reducir o estrés e as súas respostas. O obxectivo deste estudo é comprobar a eficacia dun programa de meditación mindfulness sobre o estrés académico percibido polos estudiantes universitarios de ciencias da saude. Método. Sesenta e un estudantes da facultade de fisioterapia participaron neste estudo, trinta dos cales foron asignados á condición experimental, e trinta e un á condición control. A asignación aos grupos realizouse de maneira aleatoria. O deseño da investigación é de tipo experimental. O programa implementado foi de meditación mindfulness cunha duración de doce semanas. Os datos recolléronse mediante a técnica do cuestionario (Cuestionario de Estrés Académico) unha semana antes de comezar o programa, e a semana posterior á finalización do mesmo. Os resultados da proba t mostraron diferenzas significativas ( p<0,05) para o grupo experimental nas tres escalas avaliadas: estresores, respostas de estrés e afrontamento, cun tamaño do efecto que oscilou entre alto a moderado nos distintos factores: Conclusión: os resultados suxiren que a meditación mindfulness pode ser efectiva para diminuír o nivel de estrés percibido, así como, que pode ser efectiva para mellorar as estratexias de afrontamento á o estrés nos estudantes universitarios de fisioterapia.