A dinámica das estruturas agrarias en Galicia 1962-2016o papel do arrendamento na mobilidade das terras

  1. Dios Ortiz, Javier Ramón
Zuzendaria:
  1. Edelmiro López Iglesias Zuzendaria
  2. Eduardo Corbelle Rico Zuzendaria

Defentsa unibertsitatea: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 2021(e)ko iraila-(a)k 16

Epaimahaia:
  1. Eladio Vicente Arnalte Alegre Presidentea
  2. David Miranda Barrós Idazkaria
  3. María Xosé Vázquez Rodríguez Kidea

Mota: Tesia

Laburpena

A presente investigación ten como obxectivo o estudo do papel do arrendamento na dinámica das estruturas agrarias en Galicia e, de forma máis concreta, a análise do rol do arrendamento no incremento da superficie das explotacións que manteñen a súa actividade, como instrumento esencial na mobilidade das terras, desde mediados do século XX ata a actualidade. Maunder formulou en 1984 a hipótese xeral de que o arrendamento permite unha maior mobilidade da terra, polo que a súa difusión facilita esa mobilidade e a ampliación das explotacións en crecemento. Os resultados da nosa investigación, en particular a análise detallada dos datos por estratos de tamaño, permiten concluír que o arrendamento xogou tamén aquí nas últimas décadas un papel non despreciable na mobilidade da terra e no redimensionamento das explotacións; se ben este papel foi menos importante en termos relativos que na maioría das CCAA españolas.