Armea, 10 anos de actuación sobre o patrimonio cultural como motor de desenvolvemento rural

  1. Marta Lago Cerviño coord.
  2. María López Rodríguez coord.
  3. Adolfo Fernández Fernández

Verlag: Universidade de Vigo ; Concello de Allariz

ISBN: 978-84-8158-910-8

Datum der Publikation: 2021

Art: Buch

Zusammenfassung

No ano 2011, asínase o primeiro contrato de investigación entre o Concello de Allariz e a Facultade de Historia da Universidade de Vigo, que posteriormente (2015-2020) se converterá nun Convenio específico en materia de xestión do patrimonio cultural e arqueoloxía para o xacemento da Cibdá de Armea. En 2020, a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia únese ao Concello de Allariz e á Universidade de Vigo no proxecto, apoiando económicamente, mediante un convenio, as intervencións arqueolóxicas. Trátase dunha ferramenta de xestión que se converteu nun modelo de éxito a seguir e que outros Concellos teñen posto posteriormente en marcha para investigar e poñer en valor o seu patrimonio arqueolóxico, baseado, entre outros aspectos, na participación anual de alumnado da Uvigo e de outras Universidades, a modo de curso de arqueoloxía práctico e totalmente gratuíto. Grazas a este proxecto conseguiuse sacar á luz e rescatar do esquecemento un dos máis importantes xacementos arqueolóxicos de Galicia e convertelo nun dos principais activos histórico-culturais da comarca de Allariz. Armea localízase nunha parroquia do Concello ourensán de Allariz, unha zona rural afectada polo despoboamento.