Transtornos do comportamento alimentario en suxeitos xóvens con DM Tipo Iavaliación psicolóxica da violación da dieta como condición que mantén a non adherencia terapéutica

  1. Minia María Miramontes Fandiño
  2. Amil López Viéitez
  3. Antonio Vaamonde Liste
Revista:
Psicoloxía clínica: anuario

ISSN: 1889-1187

Ano de publicación: 2009

Título do exemplar: A Psicoloxía Clínica para a Galicia do futuro

Número: 3

Páxinas: 418-426

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Psicoloxía clínica: anuario

Resumo

Este artigo presenta unha aproximación multiaxial ao comportamento de Violación da Dieta en xóvens diabéticos tipo I. Os obxectivos do noso traballo son: (1)Determinar se pacientes con DM 1 con Transtorno Alimentario (TA) por control de peso presentan maior elevación na Hemoglobina glicosilada (Hb 1Ac) que aqueles que incumpren a dieta por outros factores. (2) Observar se suxeitos con Educación Diabetolóxica (ED) seguen mellor a dieta que os informados. (3) Analizar se a ED mellora a Autoeficacia. Despois dunha análise de 20 individuos encontramos que: (1) O incumprimento da dieta por calquera motivo eleva a Hb 1Ac. (2) Os suxeitos con ED non seguen mellor a dieta que os Informados. (3) Non detectamos relación significativa entre ED e Autoeficacia, aínda que si mellor coñecemento da doenza.