Galeguismo, humanismo e desenvolvementoo pensamento militante de Xaime Isla Couto
- Pastoriza Rozas, José Luis
- Marcelino Agís Villaverde Zuzendaria
Defentsa unibertsitatea: Universidade de Santiago de Compostela
Defentsa urtea: 2022
- Francisco Xavier Martínez Cobas Presidentea
- Luis García Soto Idazkaria
- Celeste Natário Kidea
Mota: Tesia
Laburpena
Esta tese doutoral realiza a primeira presentación sistemática do pensamento do intelectual galeguista Xaime Isla Couto (Santiago de Compostela, 1915- Vigo, 2012) para enmarcalo no ámbito da Historia do Pensamento Galego. A hipótese da investigación establece que Xaime Isla constitúe un dos principais representantes no século XX do personalismo comunitario e do humanismo cristián na tradición galeguista da Historia do Pensamento Galego no seo dun proxecto intelectual de elaboración das bases dunha reflexión crítica verbo do nacionalismo e o galeguismo e verbo do modelo hexemónico de desenvolvemento capitalista. Consonte ao esquema dual establecido polo profesor Xosé L. Barreiro Barreiro no seu libro "Pensar en Galicia. Identidade na diferencia", o pensamento de Xaime Isla profundou na cuestión de Galicia como problema así como nos problemas de Galicia. Xa que logo, ao longo da súa obra combina un labor de fundamentación teórica dun marco crítico para a análise de Galicia e o seus problemas ao tempo que realiza propostas de reforma e transformación en todos os niveis da vida política, social e cultural galegas.