Indicadores de sustentabilidadeda teoría á práctica
- M.Dolores Domínguez García 1
- Xavier Simón Fernández 1
- 1 Universidade de Vigo. Departamento de Economía Aplicada
- Cardín Pedrosa, Marta (coord.)
- Álvarez López, Carlos José (coord.)
ISSN: 1698-5427
Ano de publicación: 2009
Número: 5
Páxinas: 149-156
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Recursos rurais. Serie cursos
Resumo
A elección de indicadores de sustentabilidade esixe unha reflexión sobre o propio concepto de sustentabilidade. É por elo que neste traballo, se plantexa a noción de sustentabilidade en base a dous enfoques, a economía ecolóxica e a agroecoloxía, resaltado o seu carácter espazo-temporal, multidimensional, relativo e como complementario a outras propiedades do sistema (estabilidade ecolóxica, económica, social, equidade,autoxestión, produtividade). Na segunda parte, este artigo presenta parte dos resultados dun estudio de caso realizado no eido dun proxecto de investigación máis amplo. Neste proxecto buscouse primeiro a heteroxeneidade no manexo agrario (concretamente dentro da produción de leite) a través da existencia de diferentes Estilos de Agricultura. Unha vez atopados os Estilos, analizouse a maior ou menor contribución de cada un dos Estilos á sustentabilidade, en función de diferentes indicadores de sustentabilidade.