A temeridade sálvanos de senti-la covardía

  1. Iglesias Álvarez, Ana 1
  1. 1 Universidade de Vigo
    info

    Universidade de Vigo

    Vigo, España

    ROR https://ror.org/05rdf8595

Revista:
Boletín da Real Academia Galega

ISSN: 1130-7714

Ano de publicación: 2021

Título do exemplar: Xela Arias

Número: 382

Páxinas: 19-27

Tipo: Artigo

DOI: 10.32766/BRAG.382.804 DIALNET GOOGLE SCHOLAR lock_openAcceso aberto editor

Outras publicacións en: Boletín da Real Academia Galega

Resumo

Esta contribución ofrece unha achega sobre a figura de Xela desde a miña propia visión persoal, a raíz da nosa relación de amizade, centrándome nas decisións que ela foi tomando ao longo da súa vida, de forma máis temeraria ca precavida. De aí que escollese como título da  intervención un dos versos do seu derradeiro poemario, Intempériome: “A temeridade sálvanos de senti-la covardía”. En efecto, as súas escollas vitais van  conformando unha persoa que non se deixa arrastrar polo establecido e que é quen de ir contracorrente, aínda que iso conduza ás veces á soidade e ao individualismo. Estamos ante unha “poeta sen xeración”, que, na súa ansia de independencia, non gustaba de adscribirse a grupos. Mais, ao mesmo tempo, vemos unha muller cunha gran conciencia social, que loita activamente en contra da inxustiza, sempre do lado dos máis débiles, cunha capacidade infinita para poñerse na pel do outro, “negra por elección”. Negándose a ser simple espectadora, foi encadeando un reto tras outro, sen deixarse levar polo camiño máis curto e recto, nunha procura ambiciosa do “equilibrio dos extremos”, entregándose con paixón a cada unha das súas múltiples facetas: filla, irmá, nai, amiga, profesora, amante, tradutora, poeta, galegofalante…

Referencias bibliográficas

  • Abreu, Fernando e Arias, Xela (2021). Vencerse é cousa de se tratar. Performance de Fernando Abreu baixo a dirección escénica de Avelino González.
  • Alonso, Fran (2004). Xela e a fatalidade. En: Valentín Arias, ed. Xela Arias, quedas en nós. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 69-71.
  • Arias, Xela (1996). Darío a diario. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
  • Arias, Xela (2003). Intempériome. A Coruña: Espiral Maior.
  • Arias, Xela (2021). Non te amola! Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
  • Castaño, Yolanda (2021). Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
  • Cooper, Fenimore (1993). O derradeiro dos Mohicanos. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. Tradución de Xela Arias.
  • Iglesias Álvarez, Ana (2002). Falar galego: “No veo por qué”. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
  • Miramemira (2021). Xela Arias. A palabra esgazada [serie documental]. Dirixida por Damián Varela, con guión de María Yáñez. A Coruña: Real Academia Galega.
  • Nogueira, Mª. Xesús (2018). Xela Arias. Poesía reunida (1982-2004). Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
  • Pena, Montse (2021). Intempestiva. Unha biografía (literaria) de Xela Arias. Vigo: Galaxia.