Efecto de las ortesis plantares sobre las presiones plantares y tensión muscular en corredores amateurs tras 8 semanas de usoun ensayo clínico aleatorizado

  1. Romero Soto, Manuel
Dirixida por:
  1. Ramón González Cabanach Co-director
  2. Antonio José Souto Gestal Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 21 de xullo de 2022

Tribunal:
  1. Francisca Fariña Rivera Presidenta
  2. Ramón Fernández Cervantes Secretario/a
  3. Jesús Seco Calvo Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 739453 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Introdución: as órteses plantares (OP) utilízanse como medida de prevención de lesións entre os corredores polo seu potencial efecto sobre as forzas que afectan ao membro inferior. Obxectivos: determinar se o uso de OP durante 8 semanas de adestramento en corredores afeccionados ten efectos sobre a estática do pé (FPI-6), a tensión muscular (tensiomiografía) e as presións plantares nos pés descalzos (plataforma de presión). Metodoloxía: realizouse un ensaio clínico aleatorizado onde o grupo control (GC=23) e o grupo experimental (GE=27) mantiveron o seu adestramento habitual durante 8 semanas. O GE ademáis utilizou OPs moldeadas neutros exclusivamente durante a súa actividade deportiva. Resultados: o GE mostrou unha redución estatisticamente significativa para a presión máxima e a taxa de carga, así como un maior tempo de apoio na rexión mediopé, metatarsiano e dedos, ademais dunha redución bilateral da tensión muscular do músculo tibial anterior (TA). Non se atoparon efectos sobre a estática do pé, nin sobre a tensión do músculo gastrocnemio, sóleo ou peroneo corto. Conclusións: o uso de OP durante 8 semanas de adestramento mostra efectos variables sobre as presións plantares dependendo da zona do pé e da tensión muscular do TA.