La educación afectivo-sexual en Galicia mediada por los centros de información y asesoramento para el alumnado de educación secundaria

  1. Carballeira Vieites, Lucía
Dirixida por:
  1. Ana Sánchez-Bello Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 27 de setembro de 2022

Tribunal:
  1. Jurjo Torres Santomé Presidente/a
  2. María Angeles Parrilla Latas Secretaria
  3. María Cruz Sánchez Gómez Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 745424 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A Tese Doutoral que presentamos busca a contribución ao campo do Traballo Social, a Educación, a Antropoloxía e a Sexología, centrado na oferta formativa e divulgativa dos centros de información e asesoramento galegos. Partindo dun enfoque sexológico, o foco sitúase na demanda do alumnado galego que recibe a formación dos centros analizados, a fin de determinar se o que estes ofertan correspóndese coas demandas e necesidades da mocidade. A pesar de que os anos pasen, a sociedade continúa manifestando carencias no ámbito da Educación Afectivo-Sexual, é por iso que centramos a nosa investigación na demanda manifestada polo alumnado galego que recibe formación en sexualidade, a fin de amosar a súa adecuación ás necesidades formativas do alumnado de educación secundaria en Galicia . Ao longo do traballo realizado abordaremos a construción social da sexualidade poñendo o foco nos distintos modelos de Educación Afectivo-Sexual existentes e nos obxectivos da Educación Afectivo-Sexual, expoñendo as distintas controversias teóricas. A análise conceptual ao redor da Educación Afectivo-Sexual parte das propostas de sexualidade proporcionadas pola OMS (Organización Mundial da Saúde) así como nos diferentes dereitos sexuais establecidos pola WAS (Asociación Mundial de Sexología) e da liga Mundial para a Reforma Sexual sobre Bases Científicas (LMRSBC). Co obxecto de inferir resultados coherentes coas preguntas de investigación, levouse a cabo unha metodoloxía de corte cualitativo que pretende indagar sobre o feito de se a formación Afectivo-Sexual que recibe o alumnado cobre as demandas e necesidades formativas dos estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria. En última instancia preténdese demostrar que existe unha necesidade real de recibir Educación Afectivo-Sexual regrada que colabore na conformación de persoas libres, autónomas e responsables que poidan gozar da súa sexualidade.