Esquemas míticos na narrativa curta de Méndez Ferrín. A impronta de Hermes a través do macrotexto

  1. Carreira López, María
Dirixida por:
  1. María Xesús Lama López Director

Universidade de defensa: Universitat de Barcelona

Fecha de defensa: 26 de setembro de 2017

Tribunal:
  1. Elena Losada Soler Presidente/a
  2. Anxo Angueira Viturro Secretario
  3. Luciano Rodríguez Gómez Vogal
  4. Alain Verjat Massmann Vogal
  5. Manuel Santiago Fernández Álvarez Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 515715 DIALNET

Resumo

A riqueza simbólica da obra de Méndez Ferrín presenta unha serie de particularidades que a fan idónea para acometer sobre ela unha análise transversal e pluridisciplinar: ao tratarse dun autor canónico, a súa produción ten unha gran repercusión na cultura galega, e ademais é un autor que intervén conscientemente na conformación do sistema literario. Adscritos abertamente nunha tradición celta e atlántica, os textos ferrinianos admiten e revelan influencias diversas. O resultado é un macrotexto tecido mediante autorreferencias, cronotopos, personaxes e situacións que lle confiren unha extraordinaria coherencia. A aplicación da metodoloxía mitocrítica, fundada por Gilbert Durand, que se propón nesta tese, permite non só obter unha perspectiva inédita da obra de Méndez Ferrín, senón tamén introducir esta perspectiva crítica no sistema literario galego, onde ata agora nunca se aplicara. Mediante esta ferramenta accédese a unha percepción sincrónica do discurso literario, tratado coma un relato mítico (o sermo mythicus). Aplicando o método de Durand, localízanse dous mitos principais, que dialogan nas páxinas ferrinianas e que se disputan o poder sagro (terapéutico e instaurador) do logos. O primeiro xira arredor do mito de Edipo, quen supera a incógnita da Esfinxe (enviada pola deusa) mediante á palabra, salvando Tebas (a terra erma) e accedendo el mesmo á soberanía, e con isto iníciase unha intensa procura sobre as orixes, é dicir, unha busca da identidade. Como contrapunto do mito edípico, o mito de Hermes, desprégase nas súas múltiples facianas de comunicador e mediador, Psicopompo, Trimexisto, etc. que toma a palabra non para dominar mediante o poder temporal e terreo, senón para transmitir a mensaxe, para chegar máis alá da morte, permitindo o renacemento e a multiplicación do autor. A proxección deste esquema mítico no eido da comunicación literaria suxire a construción dun autor implícito a través do macrotexto en busca dun lector múltiple e diverso que recree a mensaxe en cada lectura individual, simbolizando así a diseminación da esencia creativa que transcende o tempo e o espazo.