Contribución á sociodialectoloxía galegaa fala da Limia Baixa
- Rodríguez Rodríguez, Reyes
- Xosé Henrique Costas González Director
- Alexandre Rodríguez Guerra Director
Defence university: Universidade de Vigo
Fecha de defensa: 22 July 2022
- Francisco Fernández Rei Chair
- Aquilino Alonso Núñez Secretary
- Ernestina Carrilho Committee member
Type: Thesis
Abstract
Trátase dunha investigación de natureza sociodialectal centrada na fala da Limia Baixa, unha área situada ao suroeste da provincia de Ourense que linda con Portugal polo sur e polo oeste. O galego da Limia Baixa presenta unha situación lingüística particular. Existe un panorama lingüístico dominado polo monolingüismo na súa variedade dialectal baixolimega. O contacto co galego estándar, co español e co portugués inflúe na existencia, mantemento ou retroceso dos trazos dialectais. Polo tanto, cómpre facer unha análise da historia, da sociedade e do carácter en relación coa lingua. O obxectivo principal deste traballo céntrase en recoller, describir e estudar os cinco trazos dialectais máis representativos desta área: os resultados de -ĀNĒS, -ŌNĒS no plural dos nomes que rematan en -n; os resultados das terminacións latinas -ĀNŬM, -ĀNĂM, -ĀNŌS, -ĀNĀS; a crase do hiato [-a > -ͻ] (lat. -ŎLӐM); a gheada e o mantemento do sistema de sibilantes sonoras. Deste xeito, elaborouse un corpus propio baseado en gravacións e enquisas feitas a falantes desta área que comprenden as tres xeracións de idade. A partir deste corpus, analízase o estado actual do galego baixolimego e faise unha comparación cos datos recollidos hai más de 40 años no Atlas Lingüístico Galego e co estudo sobre o galego desta zona realizado por Hans Karl Schneider, «Studien zum Galizischen des Limiabeckens (Orense. Spanien)», hai case 90 anos.