Design and characterization of a fully integrated inp continuous variable quantum key distribution transmitter with radiofrequency antenna

  1. Alvarez Outerelo, David
Dirixida por:
  1. Francisco Javier Díaz Otero Director
  2. Ana Vázquez Alejos Director

Universidade de defensa: Universidade de Vigo

Fecha de defensa: 16 de xuño de 2022

Tribunal:
  1. José Capmany Presidente/a
  2. Eva Rajo Iglesias Secretario/a
  3. Francisco Falcone Vogal
Departamento:
  1. Teoría do sinal e comunicacións

Tipo: Tese

Resumo

Debido ás limitacións actuais da electrónica, a fotónica integrada postúlase como a nova revolución tecnolóxica do século XXI e prevése a súa implantación en tecnoloxías punteiras como as redes 5G e 6G, os biosensores e a automoción, neste caso orientada ao coche autónomo e ao desenvolvemento da detección e medición de distancia por imaxe láser (LIDAR, Laser Imaging Detection and Ranging en inglés). Existen varias asociacións, entre elas Jeppix in Europe creada en 2006, que reúne a clientes, empresas de deseño, fábricas e investigadores do ámbito da fotónica. Esta comunidade engloba varias fábricas que permiten a compra dun slot (espazo da oblea necesario para a fabricación do PIC) requerido para a fabricación de dispositivos nas coñecidas como roldas abertas de fabricación ou MPW Run. Nestas roldas, o cliente só compra o espazo necesario para un ou dous PIC en lugar de ter que comprar a oblea enteira. Isto permite a creación de prototipos de baixo custo para que os grupos de investigación universitarios e as pequenas empresas de deseño poidan desenvolver os seus dispositivos, impulsando aínda máis o desenvolvemento da fotónica integrada. As tecnoloxías existentes na actualidade para a fabricación de PIC resúmense na Táboa 1.1 xunto coas principais vantaxes e características. Todo sistema de comunicación cuántica consta de polo menos catro elementos: O transmisor (Alice), o receptor (Bob), a canle e un terceiro membro (EVE) que tenta interceptar a mensaxe transmitida de Alice a Bob. Debido á necesidade de garantir a seguridade nas comunicacións entre Alice e Bob, utilízanse algoritmos de cifrado, que funcionan mediante unha clave coñecida polos participantes e que serve para cifrar a mensaxe emitida polo emisor e para descifrala no receptor. Así, xorde a necesidade de poder transmitir a clave de cifrado de forma segura, dando como resultado a aparición da distribución de claves cuánticas ou QKD.