Xogando limpo no amor
- Yolanda Rodríguez Castro
- María Lameiras Fernández
- Sabela Salgueiro Couto
- Eva González Almuiña
- Jessica Lucini Varela
- Rosana Martínez Román
Publisher: Escola Aberta de Formación Permanente ; Universidade de Vigo
ISBN: 978-84-126450-3-3
Year of publication: 2022
Type: Book
Abstract
A obra "Xogando limpo no amor" relata as experiencias dunha adolescente de 16 anos, chamada Elisa, sobre súas primeiras relacións afectivas e de amizade. A historia de Elisa reflicte a realidade actual das relacións afectivas no colectivo de adolescentes, tanto no cara a cara como no espacio virtual. A finalidade desta obra, cunha perspectiva coeducativa, é facilitar ao colectivo adolescente a adquisición de coñecementos clave para construír relacións afectivas saudables, proporcionar ferramentas para identificar relacións de parella tóxicas que poden desencadear en (ciber)violencia de xénero e/ou sexual, e permitir que o colectivo adolescente desenvolva a conciencia crítica. Ao longo deste libro abórdanse temas como a atracción, o amor saudable, o namoramento, as emocións, os medos e dúbidas de rapaces e rapazas á hora de coñecer unha persoa, así como as imposicións sociais a través dos estereotipos de xénero e dos mitos do amor romántico que condicionan e impactan negativamente nas relacións de parella. Outros dos temas que se aborda son as (ciber)violencias sexuais nas relacións de parella adolescentes. Polo tanto, este recurso coeducativo, vai dirixido cara os e as adolescentes, pero tamén ao colectivo de docentes de Educación Secundaria para traballar na aula e tamén para as familias.