Adicciones con y sin sustancia en adolescentes gallegosprevalencia y variables asociadas
- Liñares Mariñas, David
- Antonio Rial Boubeta Director
- Jesús Varela Mallou Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 27 de marzo de 2023
- Víctor J. Villanueva Blasco Presidente/a
- Teresa Braña Tobío Secretario/a
- Manuel Isorna Folgar Vogal
Tipo: Tese
Resumo
En Galicia, ao igual que para o conxunto de España e da Unión Europea, as adiccións na adolescencia veñen suscitando unha enorme preocupación social durante os últimos decenios. Malia que as taxas de consumo de substancias tenden a diminuír de xeito paulatino, continúan en niveis realmente elevados, acompañados a súa vez de patróns e rituais de consumo perigosos e con idades de inicio temperás. Ao mesmo tempo, produciuse a irrupción das denominadas adiccións “sen” substancia, vinculadas en certa medida ao uso da Internet, ás redes sociais, aos videoxogos e ás apostas, representan un novo desafío para investigadores e institucións. Neste contexto, a presente tese de doutoramento instaurou como obxectivo fundamental analizar a relación entre as adiccións “con” e “sen” substancia na adolescencia. Con tal propósito, desenrolouse un screening de ámbolos dous tipos de adiccións cunha mostra de 6 107 adolescentes da comunidade galega, con idades comprendidas entre os 12 e os 19 anos (?̅=14,96; DT=1,77). Empregouse un cuestionario ad hoc incorporando instrumentos de cribado tales como o AUDIT, CAST, CRAFFT, EUPI-a, GASA ou o BAGS. Os resultados obtidos revelan que, polo xeral, as taxas de consumo de alcohol, tabaco, cánnabis e outras substancias, así como a participación en xogos de apostas, son inferiores ás informadas para o conxunto do Estado. Asemade, por unha banda, púidose constatar que as adiccións “con” substancia están máis relacionadas entre si que as adiccións “sen” substancia. Por outra banda, as taxas de consumo problemático de alcohol, cánnabis e outras drogas, gardan tamén certa relación coas de xogo problemático/patolóxico e Uso Problemático da Internet. Non obstante, o Uso Problemático ou posible adicción aos videoxogos, parece cursar de forma independente. Estas e outras achegas, reforzan a necesidade de apostar por unha prevención de carácter máis transversal ou integral, capaz de actuar sobre certas variables ambientais, comúns a ámbolos tipos de adiccións, máis aló de desenrolar programas centrados en conductas adictivas específicas.