Diagnóstico do nivel de congruencia na oferta enoturística da provincia de Ourense

  1. L. Rodríguez 1
  2. N. Araújo 1
  3. J. A. Fraiz 1
  4. D.R. Toubes 1
  5. T. Domínguez 1
  6. P. de Carlos 1
  1. 1 Departamento de Organización de Empresas e Mercadotecnia (Campus de Ourense, Universidade de Vigo)
Livre:
Proxectos INOU 2020: Investigación aplicada na provincia de Ourense

Éditorial: Vicerreitoría do Campus de Ourense ; Universidade de Vigo

ISBN: 9788481589160

Année de publication: 2021

Pages: 145-181

Type: Chapitre d'ouvrage

Résumé

O presente traballo pretende diagnosticar o nivel de desenvolvemento na oferta do enoturismo na provincia de Ourense. Para iso, en primeiro lugar, e co fin de contextualizar o tema, lévase a cabo unha revisión teórica da unión do turismo e do viño, e a tipoloxía turística do enoturismo. A continuación, defínense e caracterízanse os principais aspectos da oferta enoturística provincial actual. Como parte empírica do traballo analízase o grao de explotación e de desenvolvemento deste potencial na actualidade. Para tal fn realízase unha análise cualitativa vía entrevistas en profundidade semiestruturadas a persoas expertas, técnicas e adegueiras da provincia de Ourense. Tamén se establece o nivel de coordinación e de cooperación existente entre os axentes públicos e privados, promoción e posicionamento estratéxico desta modalidade turística e da oferta complementaria requirida polos e polas enoturistas:gastronomía, cultura, tradicións. Finalmente, proponse unha matriz DAFO onde se diagnostica a situación do enoturismo na provincia a través das debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades que operan sobre unha futura actuación estratéxica.