A fotografía tradicional na era posfotografica

  1. Porteiro Sánchez, Carmen María
Dirixida por:
  1. Daniel Martí Pellón Director

Universidade de defensa: Universidade de Vigo

Fecha de defensa: 17 de febreiro de 2023

Tribunal:
  1. José Luis Castro de Paz Presidente/a
  2. Mar Caldas Secretaria
  3. Teresa Piñeiro Otero Vogal
Departamento:
  1. Psicoloxía evolutiva e comunicación

Tipo: Tese

Resumo

A fotografía tradicional na contorna posfotográfica é un estudo da evolución da imaxe e da representación da realidade a través da cámara oscura, un instrumento para a captura que se foi transformando na medida na que os avances tecnolóxicos foron mudando as formas, procesos e tempos de produción ao longo da historia. Neste momento actual no que a tecnoloxía dixital está omnipresente, no que o intercambio de información, promocións e demais contidos realízase en comunidades virtuais, no que as imaxes perden valor ao multiplicarse exponencialmente e publicarse de forma irreflexiva, case automática e continuada, é preciso deterse a analizar que esta a suceder cos procesos fotográficos previos á fotografía dixital nunha contorna dixital onde parece que atoparon un oco. Tras unha revisión da contorna da imaxe fotográfica, establécense unha serie de obxectivos que, a través dun traballo de etnografía dixital permitirán respostar a unhas preguntas de investigación. Preguntas coas que poderemos interpretar que está a suceder coa fotografía tradicional e as comunidades que xorden en torno a ela no ámbito dixital. Para poder establecer este estudo etnográfico pártese da experiencia propia -como usuaria- dunha serie de comunidades dixitais que se seleccionan coidadosamente e nas que se adopta unha técnica de observación non participante, é dicir, a pesar de formar parte destas comunidades dixitais durante varios anos antes do inicio da investigación, ser produtora de contidos, investir na compra de material, investigar sobre equipos e, en definitiva, participar activamente destos grupos dixitais, óptase polo afastamento para poder estudalas de forma máis obxectiva, sendo unha observadora destos pequenos ecosistemas de relacións sen intervir neles. A partir desta análise e estudo de casos interprétase que é o que está a suceder coa fotografía analóxica na contorna dixital, a onde se trasladaron as comunidades, agora virtuais, para discutir o sentido da imaxe, o uso dos procesos previos á fotografía dixital, desde o primeiro contacto ao consello profesional e da experiencia. Estúdase como se consegue crear un sentido de comunidade entre usuarios que forman parte destes grupos volcados no mantemento dos procesos fotográficos non dixitais e como nun momento de sobrecreación e sobredifusión de imaxes dixitais esta fotografía máis meditada, máis reflexiva, máis construida, que precisa de tempos de procesado e posterior dixitalización, logra facerse un oco, manterse e incluso recuperarse. Trátase dun proceso de investigación que, en definitiva, permite abrir novas frontes que invitan á reflexión e á discusión.