Estimation of the risk of early blight disease during the vegetative development of the potato crop and its storage

  1. MENO FARIÑAS, LAURA
Dirixida por:
  1. Olga Escuredo Pérez Director
  2. María del Carmen Seijo Coello Director

Universidade de defensa: Universidade de Vigo

Fecha de defensa: 16 de febreiro de 2023

Tribunal:
  1. Marek Petrivalský Presidente/a
  2. María Delia Fernández González Secretaria
  3. Ana Seijo Rodríguez Vogal
Departamento:
  1. Bioloxía vexetal e ciencias do solo

Tipo: Tese

Resumo

O plan de traballo inclúe as seguintes actividades: - Seguimento fenolóxico e da sintomatoloxía da enfermidade causada por Alternaria durante o ciclo de cultivo da pataca. - Control aerobiolóxico da presenza de inóculo inicial de Alternaria na atmosfera do campo de cultivo. - Avaliación de diferentes modelos de predición de risco da alternariose e a súa posterior validación para as condicións climáticas da Limia. - Axuste dos modelos de predición para a Alternaria co obxectivo de minimizar o uso de produtos fitosanitarios e así traballar por unha agricultura máis sostible. - Aplicación de técnicas multivariantes para o tratamento dos datos meteorolóxicos, fenolóxicos e aerobiolóxicos. -Avaliación da calidade do tubérculo durante a súa almacenaxe e optimización dos métodos de conservación. O estudo realizarase na Limia, comarca pioneira en Galicia na comercialización e distribución da pataca. Ano 2018 O traballo iniciarase coa selección de parcelas para o seguimento en campo do patóxeno da pataca e das naves de almacenamento. Durante o primeiro ano realizarase: Rexistro das condicións meteorolóxicas do cultivo. Rexistro da progresión do ciclo fenolóxico das plantas de pataca. Estudo aerobiolóxico do ambiente do cultivo na parcela seleccionada. Seguimento dos tubérculos nas condicións de conservación no almacén. Informe de resultados. Tarefas formativas Formación en aspectos relacionados coa morfoloxía e fenoloxía das variedades. Formación de NIR. Ano 2019 Rexistro das condicións meteorolóxicas do cultivo. Rexistro da progresión do ciclo fenolóxico das plantas de pataca. Estudo aerobiolóxico do ambiente do cultivo na parcela seleccionada. Seguimento dos tubérculos nas condicións de conservación no almacén. Informatización dos datos obtidos no ciclo de cultivo anterior e o seu tratamento. Selección de modelos de prognóstico e testaxe. Informe de resultados. Tarefas formativas Curso de introdución á análise estatística multivariante. Curso de Sistemas de Información Xeográfica. Participación en actividades docentes formativas. Ano 2020 Levaranse a cabo as actividades do ano anterior durante o correspondente ciclo de cultivo. Ademais redactaranse documentos científicos a partir dos resultados obtidos. Tarefas formativas Formación en aspectos relacionados coa redacción de documentos científicos. Participación en actividades docentes formativas. Ano 2021 Continúase co seguemento e mostraxe en campo, seguindo o protocolo dos anos anteriores. Non se continuará co seguemento en almacéns. Ademais redactarase a memoria final de Tese Doutoral.