A renda de Santa Locaia e Pasadán na Idade Media

  1. M.ª Beatriz Vaquero Díaz 1
  1. 1 Universidade de Vigo
    info

    Universidade de Vigo

    Vigo, España

    ROR https://ror.org/05rdf8595

Revista:
Liceo franciscano: revista de estudio e investigación

ISSN: 0211-4011

Ano de publicación: 2023

Ano: 73

Número: 220

Páxinas: 43-68

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Liceo franciscano: revista de estudio e investigación

Resumo

Neste artigo estúdase a orixe, formación, extensión territorial, posesións e xestión da Renda de Santa Locaia e Pasadán. Nela reúnense os bens que o cabido auriense posúe no couto do mesmo nome, situado na antiga parroquia da Touza, nas actuais freguesías de Mesón de Calvos e A Touza, ás que ao longo da Idade Media se unen diversas posesións nas freguesías de Soutomaior, Torán, Proente, Foramontaos, A Merca, Folgoso e Queiroás, nos actuais concellos ourensáns de Taboadela, A Merca e Allariz. A súa xestión realizábase mediante contratos de arrendamento reservados, salvo no caso do rexedor Lois González das Tendas, para os beneficiados capitulares que se convertían así en rendeiros, despois de participar na puxa que se organizaba para outorgar a renda ao mellor postor. Entre as súas obrigas estaba participar no outorgamento dos contratos de foro que permitían a explotación das propiedades, controlar que se manteñan en bo estado e cobrar as rendas que estas producen e entregar ao cabido a parte que lle corresponde.