Poetas del Cancionero de Palacio (SA7)Rodrigo de Torres, Martín el Tañedor y un hermano de este. Edición y estudio de su poesía

  1. Fernández Berrocal, María Encina
Dirigida per:
  1. Cleofé Tato García Director/a

Universitat de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 07 de de juny de 2023

Tribunal:
  1. Pilar Lorenzo Gradín President/a
  2. Antonio Chas Aguión Secretari
  3. Andrea Zinato Vocal

Tipus: Tesi

Teseo: 2437245 DIALNET lock_openRUC editor

Resum

O principal obxectivo desta tese é abordar o estudo e a edición da poesía de tres autores catrocentistas que até o momento non foron suficientemente atendidos por parte da crítica, malia que a súa obra amosa certas singularidades: Rodrigo de Torres, Martín el Tañedor e un poeta identificado como irmán deste último no Cancionero de Palacio (SA7). É este o punto de confluencia para os tres vates, codex unicus no caso da producción dos dous irmáns e fonte principal da de Rodrigo. O traballo ofrece o estudo da figura e da poesía dos tres escritores, procurando acotar a franxa cronolóxica en que compuxeron as súas pezas, ubicándoos en distintas cortes e dando conta dos aspectos temático-formais máis representativos das súas creacións; asimesmo, atende aos testimonios dos poemas e a súa transmisión textual, máis complexa no caso de Rodrigo, dado que a súa obra chegounos en seis manuscritos. Tras explicitar os criterios seguidos na edición, preséntanse os textos de cada un, fixados e anotados debidamente por primeira vez, pois até agora podía accederse a eles a través de antoloxías ou da edición dos cancioneiros que nola transmitiron.