A cuestión do significado no significante [demo’kɾaθja]

  1. Noelia Amado Corbacho 1
  1. 1 Universidade de Vigo
    info

    Universidade de Vigo

    Vigo, España

    ROR https://ror.org/05rdf8595

Revista:
Documentos de Traballo en Ciencias da Linguaxe: DTCL

ISSN: 2530-2752

Ano de publicación: 2022

Número: 3

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Documentos de Traballo en Ciencias da Linguaxe: DTCL

Resumo

“Democracia” é unha das palabras que máis significados positivos ten asociados na actualidade. Entendido como modelo de organización política, este goza dunha grande popularidade, debido, precisamente, ás ideas positivas que representa. É por iso que a sociedade quere sentirse e verse vinculada con este termo, pois ao redor do mesmo créase un consenso, un lugar común que é reconfortante para a cidadanía. Mais non debemos obviar que o modelo democrático, a pesar das ideas positivas que representa é un modelo onde existen grandes desigualdades (xa dende a súa creación na antiga Grecia). Nesta breve investigación partimos da hipótese de que o signo lingüístico “democracia” posúe un gran valor nos discursos da actualidade e polo tanto, actúa como un valioso significante para a política. Este valor pode deberse a que se trata dunha palabra que goza dunha gran polisemia e ao ser empregada en múltiples e diversos contextos, acabou por desvincularse do seu significado primeiro. A multiplicidade de significados asociados ao significante convértena nunha valiosa ferramenta política que finalmente desvirtúa o termo e dilúe os seus significados. Para levar a cabo esta investigación faremos unha achega cualitativa ao emprego da palabra “democracia” dentro dos imaxinarios sociais da actualidade para tratar de determinar ante que tipo de significante estamos e describir a imaxe que a cidadanía posúe da mesma.

Referencias bibliográficas

  • Badiou, A. (2010). El emblema democrático. En G. Agamben, et al., Democracia, ¿en qué Estado? (pp. 15-24) Buenos Aires: Prometeo Libros.
  • Badiou, A. (2016). Reflexiones sobre fascismo democrático. Conferencia ofrecida na Universidade de California en Los Ángeles o 9 de novembro de 2016. Recuperada de: https://www.youtube.com/watch?v=gRnUpVLc31w [Consulta 05/03/2022]
  • Bensaïd, D. (2010). El escándalo permanente. En G. Agamben et al., Democracia, ¿en qué Estado? (pp. 25-52). Buenos Aires: Prometeo Libros.
  • Brennan, J. (2017). Contra la democracia. Bilbao: Deusto.
  • Brossat, A. (2003). La democracia inmunitaria. Santiago de Chile: Palinodia.
  • Brown, W. (2010). Hoy en día, somos todos demócratas. En G. Agamben et al., Democracia, ¿en qué Estado? (pp. 53-66). Buenos Aires: Prometeo Libros.
  • García Calvo, A. (1993). Contra la paz, contra la democracia. Barcelona: Virus.
  • Grupos Anarquistas Coordinados (2013). Contra la democracia. Autoedición.
  • Ibáñez, J. (1979). Más allá de la sociología: El grupo de discusión: teoría y crítica. Madrid: Siglo XXI Editores.
  • Laclau, E. (1996). ¿Por qué los significantes vacíos son importantes para la política? En E. Laclau, Emancipación y diferencia (pp.69-86). Buenos Aires: Ariel.
  • Laclau, E. e Mouffe, C. (2004). Hegemonía y estrategia socialista. Buenos Aires: Fondo de Cultura Económica.
  • Rancière, J. (2005). El odio a la democracia. Buenos Aires: Amorrortu.
  • Van Dijk, T. A. (2005). Política, ideología y discurso. Quórum académico, 2(2), 15-47