Incertidumbre de política económica, geopolítica y volatilidad financiera: efectos sobre los mercados bursátiles

  1. Sánchez Gabarre, Mary Elena
Dirixida por:
  1. Pablo Castellanos García Director
  2. José Manuel Sánchez Santos Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 19 de decembro de 2023

Tribunal:
  1. Antonio Sánchez Andrés Presidente/a
  2. Estefanía Mourelle Secretario/a
  3. Elena Shakina Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 828771 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O obxectivo da presente tese doutoral é tripla. En primeiro lugar, preténdese profundar na natureza e alcance dos efectos da incerteza nos mercados bolsistas. En segundo lugar, trátase de determinar se existen diferenzas no impacto de tres tipos distintos de incerteza (política económica, xeopolítica e volatilidade dos mercados). En terceiro lugar, verifícase se a influencia da incerteza varía dependendo do contexto dos distintos mercados bolsistas nacionais. En particular, estúdase a influencia da incerteza sobre os índices bolsistas dunha mostra representativa de países a nivel mundial, facendo especial fincapé no caso do IBEX 35. Esta relación abórdase mediante tres enfoques econométricos: análise de cointegración (modelo autorregresivo de retardos distribuídos, ARDL), de datos de panel (modelos de efectos fixos e aleatorios) e de volatilidade condicional variable (modelo GARCH). A partir dos resultados obtidos, conclúese que a incerteza de política económica e a volatilidade dos mercados desempeñarían un papel destacado como determinantes das cotizacións bolsistas españolas, mentres que os riscos xeopolíticos resultan relevantes cando se estende a análise a unha mostra de economías con características diversas.