Patrimonio muiñolóxico na cunca do río Támega

  1. BLANCO RIVERO, DANIEL
Supervised by:
  1. Beatriz Comendador Rey Director
  2. Francisco Da Silva Costa Director

Defence university: Universidade de Vigo

Fecha de defensa: 21 September 2023

Committee:
  1. José Manuel Morais Lopes Cordeiro Chair
  2. Fátima Braña Rey Secretary
  3. Mònica Alcindor Huelva Committee member
Department:
  1. Historia, arte e xeografía

Type: Thesis

Abstract

Nesta tese presentamos un estudo sobre o conxunto dos muíños tradicionais de auga da contorna da cunca hidrográfica do río Támega, co obxectivo de coñecer este conxunto de bens inmobles da arquitectura tradicional galega e do Norte de Portugal e analizar a súa situación patrimonial. Partindo dun primeiro inventario documental do patrimonio muiñolóxico da zona de estudo, e unha vez determinado o predominio dos muíños de auga fariñeiros de rodicio horizontal, foi realizado o catálogo mediante a identificación daqueles muíños desta tipoloxía, tomando como criterio de inclusión o seu emprazamento no curso principal do río Támega. O corpus foi elaborado grazas á creación dunha ficha modelo, atendendo ás infraestruturas da auga, á arquitectura dos edificios e aos distintos mecanismos e o seu funcionamento, resultando finalmente unha base de datos xeográfica. A través da metodoloxía de diagnose empregada, concluímos a baixa valoración patrimonial deste conxunto e determinamos a necesidade de levar a cabo propostas para a súa xestión sostible, as cales formulamos, por un lado, arredor da recuperación dos muíños de auga para a produción de fariña tradicional e ecolóxica e para a produción de proximidade e, por outro lado, mediante accións de difusión e socialización, a través do turismo cultural e da introdución estrutural na educación regrada. Os cuestionarios sobre a poboación activa deseñados e realizados, e a análise dun caso concreto no cal se proxectan accións de recuperación orientadas ao turismo cultural e á difusión e posta en valor de varios muíños na parte galega da zona de estudo, revelaron resultados positivos de cara á viabilidade inicial das propostas.