Influencia da socialización nas redes sociais e da autoestima sobre os trastornos da conduta alimentaria na adolescenciarespostas dende o traballo social

  1. Paula Frieiro Padín
  2. Rubén González Rodríguez
Zeitschrift:
Revista galega de traballo social "Fervenzas"

ISSN: 1698-5087 2254-7657

Datum der Publikation: 2023

Nummer: 26

Seiten: 235-239

Art: Artikel

Andere Publikationen in: Revista galega de traballo social "Fervenzas"

Zusammenfassung

A tese de doutoramento aborda os trastornos da conduta alimentaria (TCA) e as recentes dinámicas de socialización que se foron xerando dende a aparición e o uso xeneralizado das redes sociais por parte das persoas máis mozas. A través do compendio de publicacións científicas, e mediante análises cuantitativas e cualitativas, analizouse a influencia da autoestima e do uso das redes sociais sobre os TCA na adolescencia. Os resultados mostran que a socialización en redes, as variables persoais e familiares e a autoestima inciden no risco de padecer TCA. Ante estas situacións, e desde a óptica do Traballo Social, observouse que a profesión pode mellorar o impacto que os TCA provocan sobre o proxecto de vida da persoa afectada, así como no plano e na dinámica familiar. Ademais, no desenvolvemento da tese creouse unha ferramenta preventiva en formato de aplicación móbil para minimizar o impacto das condutas de risco derivadas da socialización en redes sociais.