Adaptación de neoloxismos árabes
- Víctor Fresco Barbeito
- Inés Veiga Mateos
- Cruces Colado, Susana (ed. lit.)
- Maribel del Pozo Triviño (ed. lit.)
- Ana Luna Alonso (ed. lit.)
- Alberto Álvarez Lugrís (ed. lit.)
Éditorial: Atrio
ISBN: 978-84-15275-07-7
Année de publication: 2012
Pages: 639-654
Type: Chapitre d'ouvrage
Résumé
Os contidos sobre arte islámica nos libros de historia, topónimos árabes nos telexornais ou o maior coñecemento dos costumes dos inmigrantes norteafricanos instalados na nosa terra popularizaron determinados conceptos propios da cultura árabe. Algunhas destas realidades son análogas ás nosas, pero outras presentan características propias que requiren da creación dun neoloxismo baseado na forma orixinal do árabe. O método de adaptación gráfica das formas neolóxicas procedentes desta lingua non está plenamente consolidado, o que se complica cando se introducen a través de linguas intermedias como o inglés ou o francés, que non sempre seguen a grafía do galego. Esta comunicación ten por obxecto contribuír á difusión da metodoloxía sistematizada para a transliteración e adaptación proposta por Termigal entre os usuarios da lingua, achegando novos termos orixinados no árabe moderno que poidan ser necesarios. Estes exemplos mostran as denominacións galegas das dinastías andalusís e magrebís, polo que os especialistas neste ámbito da arte ou da historia poderán dar solución aos problemas denominativos existentes.