De Chandebrito a Nowheresvilleléxico e fraseoloxía comparada da distancia remota

  1. Víctor Fresco Barbeito
Libro:
Actas do XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral: Vigo, 13-15 de xuño de 2018
  1. Marta Díaz (ed. lit.)
  2. Gael Vaamonde (ed. lit.)
  3. Ana Varela (ed. lit.)
  4. María del Carmen Cabeza Pereiro (ed. lit.)
  5. José María García-Miguel Gallego (ed. lit.)
  6. Fernando Ramallo Fernández (ed. lit.)

Editorial: Universidade de Vigo

ISBN: 978-84-8158-786-9

Ano de publicación: 2018

Páxinas: 372-379

Congreso: Congreso Internacional de Lingüística Xeral (13. 2018. Vigo)

Tipo: Achega congreso

Resumo

Se queremos expresar algo que está afastado, nas linguas europeas botamos man facilmente de demostrativos, preposicións ou casos que nos permiten situar algo por detrás, alén ou lonxe. Que pasa cando a distancia é moi grande? Pois que cómpre recorrer ó léxico diferenciado ou á fraseoloxía. Os procesos de formación deste léxico específico e da fraseoloxía en galego teñen varios camiños que se poden agrupar en: (1) uso de expresións malsoantes, (2) utilización de conceptos relixiosos (moitas veces en conxunto co anterior), (3) referencia a localizacións estranxeiras (normalmente colonais) e (4) remisión local a lugares da toponimia galega que son ubicables (e algún caso inventado como creación expresiva). Á parte das asociacións semánticas que se adoitan asociar a lugares moi distanciados (imprecisión, incomunicación, ignorancia ou atraso dos habitantes, distancias xeofísicas ou astronómicas, lugares tranquilos ou ó abrigo, solitarios ou deshabitados, ou en posicións periféricas, profundas ou imaxinarias), veremos un pouco que fan outras linguas das familias indoeuropeas: procedementos principais e menos usuais, variación nas referencias xeográficas e imáxinarias e usos comúns ás diferentes linguas ou procedementos comúns. Sen pretender ser sistemáticos, ofrecemos os nosos datos a reflexión, contribución e debate.