Evaluación de la enseñanza del SVB mediante dos metodologías diferentes (presencial versus clase invertida) en profesorado en activo y alumnado de Educación Primaria y Secundaria en la comunidad autónoma de Galicia

  1. Cons Ferreiro, Miguel
Dirixida por:
  1. Vicente Romo Pérez Director
  2. Rubén Navarro Patón Director

Universidade de defensa: Universidade de Vigo

Ano de defensa: 2024

Tipo: Tese

Resumo

A práctica de manobras de Soporte Vital Básico (SVB) recollida nas Guías da European Resuscitation Council (ERC) (Nolan et al., 2010; Perkins et al., 2015; Greif et al., 2021) ten como un dos seus principais obxectivos a formación da maior cantidade posible de persoas na realización destas técnicas, para desta maneira saber reaccionar e actuar ante o caso dunha parada cardíaca. Así, as manobras de reanimación cardiopulmonar (RCP) no tempo fóronse simplificando para poder ser executadas por calquera persoa. Ao respecto disto, as Guías indican que o persoal lego nesta materia formarase en RCP por persoal experto nas mesmas e na técnica RCP só mans (RCPsm) e tamén no DESA. Por outra banda, na lexislación educativa do noso país, os primeiros auxilios (PPAA) foron un contido presente de forma transversal dende a Lei 14/1970, do 4 de agosto, Xeneral de Educación e Financiamento da Reforma Educativa, ata a Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro (LOMCE), incluído como actuación para a prevención e actuación en caso de accidente e/ou lesión, como indican Navarro et al. (2015), Lago-Ballesteros et al. (2018) ou Rodríguez-Lorenzo (2020). Na última Lei educativa, a Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (LOMLOE), os contidos de PPAA inclúense dentro da área de Educación Física nas etapas educativas de Primaria e Secundaria. Polo cal é necesario formar ao profesorado en ditas técnicas de SVB, e que así poida transmitilas ao alumnado de maneira correcta e adecuada. A evolución do ensino coas Tecnoloxías da Información e Comunicación xunto co uso das mesmas mediante plataformas de ensino, fai que os posibles métodos formativos se poidan adaptar ás necesidades e peculiaridades de calquera colectivo. Por iso, exponse a seguinte pregunta: como son de eficaces os diferentes programas de formación en SVB, presencial e a distancia, empregando formación clásica e vídeo-formación con reforzo práctico de curta duración tanto en profesorado en activo dos centros educativos galegos como no alumnado de Educación Primase e Secundaria?, e ademais: cal pode ser o máis adecuado ao contexto educativo actual?. Termos chave: resucitación cardiopulmonar, desfibrilador automático externo, método de ensino; escolares, profesorado, Educación obrigatoria